miércoles, 8 de abril de 2015

Non marchamos, xa estamos de volta!


Esta vez, e depois dun descansiño, volvemos coas pilas cargadas para mostrarvos una nova proposta didáctica, esta vez centrándonos no coñecido poema José Agustín Goytisolo, do cal vos falamos a última vez, “El Lobito Bueno”.


A través do seu poema, Goytisolo, intenta mostrarnos un mundo diferente ao que estamos acostumados e facernos ver que non todo é como parece ou como se nos intenta inculcar.

“El Lobito Bueno” pode ser un recurso moi útil para traballar na etapa de infantil, momento no que os cativos e cativas non teñen prexuízo algún e no que se comezan a guiar polas crenzas da sociedade na que se atopan, momento que nós como mestres/as, podemos empregar para traballalo nas aulas.

A partir disto, creamos as actividades que conforman a nosa proposta didáctica, perseguindo o obxectivo de introducir aos nenos e nenas na poesía a través da creatividade e a partir dun poema que deixe espazo para abrir as súas mentes e rompa cos esquemas preestablecidos.

Ademais, con esta proposta, pretendemos traballar uns obxectivos vinculados ó propio poema e tamén as actividades elaboradas para traballar dita obra. Podemos falar deste xeito dos seguintes obxectivos:

  • Coñecer o autor do poema. 
  • Adentrarse no mundo da lectura poética. 
  • Traballar a competencia lingüística. 
  • Traballar a memoria. 
  • Traballar a motricidade fina. 
  • Desenvolver a imaxinación e a creatividade. 
  • Fomentar o debuxo creativo, imaxinario e fantástico. 
  • Traballar a competencia musical. 
  • Traballar a representación como unha canle de expresión. 

Para levar a cabo todo isto, propoñemos as seguintes actividades: 

  • Imaxinación ao poder 
Para achegar aos nenos/as ao poema de Goytisolo, decidimos comezar cunha lectura da obra e tras isto, realizaremos unha sesión de debuxo libre. Con isto, pretendemos deixar voar a imaxinación para que cada un/unha exprese o que o poema representa para eles/as.

http://blog.educastur.es/

  • Representación teatral 

Esta actividade estaría relacionada coa anterior, xa que a partir dos debuxos realizados, intentariamos ser o máis fieis posibles as características deles e realizariamos máscaras para representar o poema.


lafabricadesecretos.blogspot.com 


  •       Creación do noso propio mundo

Esta actividade consiste, tomando como referente os últimos versos do poema, en crear entre todos un mural no propio encerado  no que aparezan elementos que lles gustaría que houbese no seu propio mundo. 
http://actividades.dibujos.net/blog/pintura-de-pizarra-para-paredes-divertidas.html


  • Cantamos con Paco Ibáñez 
Aproveitando que Paco Ibañez fixo unha canción do poema que estamos a traballar,cantaremos esta canción cos nenos/as na aula , para que a coñezan. Primeiro amosarémoslles o poema para que o vaian aprendendo e logo poñeremos a canción no ordenador para que coñezan a Paco Ibañez.

https://www.youtube.com/watch?v=-7iN7PH6ADo

Finalmente os nenos/as cantarán a poesía e gravarémolos para que logo se escoiten e teñan de recordo. 

  • Arxila branca 
A seguinte actividade consistiría en representar os debuxos da primeira actividade, pero esta vez con arxila branca. É unha forma de representar os debuxos que construíron coa súa imaxinación, de forma máis real. Cando terminen as súas creacións deixaranse secar e logo poderanos pintar como prefiran. 












https://mitallerdepinturainfantil.wordpress.com/page/31

  • Lectura do conto 
Para completar estas actividades, tamén lles contaremos aos nenos/as os contos de José Agustín Goytisolo , que tratan sobre os personaxes da poesía que estamos a traballar do “Lobito Bueno”.

Estes libros están pensados para nenos/as máis maiores pola gran cantidade de letra que conteñen, pero adaptariámolos a ideade dos nenos/as, para que a súa compresión fora máis sinxela. 

http://tienda.edebe.com/cuentos-para-ni-os-de-jose-agustin-goytisolo.html 

Para finalizar queremos destacar que a poesía nos parece un aspecto moi importante para traballar na etapa de Educación Infantil, xa que é unha forma divertida de que os nenos/as se acheguen a lectura e acaben sentindo gozo por esta.

Ao igual que cun conto, coa poesía pódense levar a cabo moitas actividades como anteriormente vimos. Ademais a poesía ten aspectos positivos que non se atopan nos contos como poden ser a súa curta redacción o cal permite que os nenos/as a memoricen e por outra banda as rimas, estas fan que a poesía sexa moi atractiva para eles xa que é un xogo de palabras que lle resulta moi agradable.

En definitiva dende o noso punto de vista coa poesía espertaremos moitos sentimentos nos nenos/as, por iso creemos que debe ser unha actividade que se leve a cabo a miúdo, deste xeito conseguiremos que se emocionen co que están facendo e o continúen levando a cabo ao longo da súa vida.



Realizado por:

Natalia López Belón

Irene Meneiro Cuesta

Alicia Martínez Rama

Lucía Meijide Candal

Lara Mosquera López
























No hay comentarios:

Publicar un comentario