miércoles, 8 de abril de 2015

NÓS PERDOAMOS, E TI... PERDOAS?

            O poema La pata mete la pata de Gloria Fuertes  ofrécenos a posibilidade de traballalo na aula co alumnado de Educación Infantil, pois aborda o tema do perdón.
            Decidimos, polo tanto, escoller este tema do perdón e saber perdoar para realizar as nosas actividades, pois é un tema que se debe abordar xa dende que somos pequenos. Malia que, como dixemos na entrada anterior, non é sinxelo pero como futuras mestras debemos telo en conta e saber como abórdalo para que os nenos e nenas adquiran este valor, tomando unha actitude positiva cara esta necesidade e reflexionando sobre a súa importancia.

Aclarado isto, queredes saber as actividades que deseñamos?

Segue lendo e mergúllate no incrible mundo do perdón!
Debemos destacar antes de nada os obxectivos que pretendemos conseguir que son os seguintes:
- Fomentar a participación do alumnado maior.
- Tomar conciencia da importancia do valor de perdoar.
- Fuxir da ira, do enfado e do rancor.
- Saber perdoar como forma de vida.

E agora....sabedes que imos facer cos nenos e nenas? Pois segue lendo!  


            Primeira actividade: LEMOS POESÍA

A primeira actividade sería a lectura do poema para o cal pedimos colaboración a dous nenos ou nenas de primaria para que o debuxaran e lle lo contaran ao alumnado. Pois cremos importante e interesante a colaboración dos máis grandes para o ensino nos máis pequenos para que todos aprendan entre eles e se axuden entre si.

No noso caso o conto debuxóunolo unha nena de segundo de primaria para que se poida ver un exemplo do resultado:






Unha vez lido faríaselle aos nenos e nenas as seguintes preguntas:
-          Que pasa no poema?
-          O porco enfadouse?
-          E a pata?
-          E por que se enfadou?
-          E perdooulle?
-          Vós enfadádesvos?
-          Que e quen vos enfada?
-          E perdoades?

Estas serían as preguntas principais pero en función do desenvolvemento das mesmas iríanse engadindo máis para ir encamiñando a conversación até conseguir que o alumnado chegase á reflexión de que ás veces nos equivocamos ou algunhas persoas nos fan dano sen querer pero que temos que aprender a perdoar para ser máis felices e convivir mellor.

Que vos vai parecendo? É importante perdoar verdade? Pois... non deixedes de ler!

Segunda actividade: XOGAMOS E PERDOAMOS

Como segunda actividade repartiríase un folio a cada neno e pediríaselles que debuxasen as cousas que lles molestan e as cousas que os enfadan. Para posteriormente poñelo nun mural que lle chamaremos: AS COUSAS QUE NON DEBEMOS FACER.
Ese mural quedara colgado na aula para que sempre que alguén faga unha desas cousas reflexione sobre iso e que saiba que non o pode facer porque hai a alguén que lle vai causar dano.

Terceira actividade: DERRUBAMOS PESOS

            Como terceira actividade pediríamos aos nenos que escribiran cousas que fan os seus compañeiros que os enfadan ( un exemplo sería: collerme o meu xoguete, romperme os bonecos, pegarme..). Logo pegariámolas en botellas de plástico recicladas para que despois os nenos xogaran a derrubalas, dicindo cada vez que a derrubaran a palabra “perdón”. Deste xeito comprenderan que cando nos fagan iso temos que perdoalo, pero iso si, primeiro entendendo por que o noso compañeiro o fixo.

            Cuarta actividade: CONVIVIMOS MELLOR

            Como última actividade atariamos con un cordón a todo o alumnado polas bonecas a uns con outros. Despois pediriámoslles que correran até un punto, que debuxaran, que pasaran por unha porta... Deste xeito decataranse que facer estas actividades é imposible estando todos amarrados. Logo sentariámonos en círculo e mediante preguntas acerca do acontecido, fariámoslles chegar a que esa e a sensación que temos no interior cando non perdoamos. Por iso é moi importante perdoar para poder convivir mellor.
            Aclarado isto soltariámolos e pediriámoslles que realizaran agora as actividades. A que saen mellor? Pois esa é a mesma base para o PERDÓN.
Que vos pareceu? Esperemos que vos resultara divertida esta aventura e sobre todo que vos ofrecera ideas para aplicar na aula.

E agora tócanos reflexionar a nós.

Cremos que estas actividades que deseñamos son totalmente aplicables á etapa de Educación Infantil. Pensamos que mediante ela os nenos e nenas traballarán sobre un tema moi importante como é o perdón, pero dun xeito motivador porque todo será traballado de xeito lúdico, que nestas idades é a mellor forma de aprender.
Outro punto a destacar dunha das nosas actividades é que temos en conta ao alumnado máis maior. O cal é un punto a ter en conta tamén nun futuro, como mestras que imos ser, pois o proceso de ensino-aprendizaxe englobar a toda comunidade incluídos os propios alumnos máis maiores. Deste xeito eles tamén se senten valorados e responsables da aprendizaxe dos máis pequenos, facéndolles ver que súa axuda tamén é  necesaria.
Así pois, chegados a este punto podemos dicir que estamos contentas ca nosa proposta, pois tentamos facela pensando en todo momento na súa aplicabilidade nunha aula e pensando na motivación do alumnado, creando actividades nas que o alumnado se implique por completo e se divirta, ao mesmo tempo que aprende.

Moitas grazas por lernos.

E lembrade,  podedes seguirnos tamén no twitter: CuentaPrimates !

No hay comentarios:

Publicar un comentario