miércoles, 8 de abril de 2015

Cómo capturamos un mosquito sanguinario?

O que vos exporemos nesta nova entrada ao blog unha proposta didáctica que poderiamos traballar con nenos do segundo ciclo de Educación Infantil tratando como tema central os mosquitos...

Introdución:
“TODAS E TODOS O COÑECEMOS
POLAS NOITES DE VERÁN NON O VEMOS
PERO BEN PRETO O TEMOS!
AI QUE TE PESCO!
COMO TE COLLA NON FAS OUTRO XESTO!
CALA UN POUCO E DEIXAME DURMIR
BICHIÑO SANGUINARIO MARCHA DE AQUÍ!”
DE QUEN FALAMOS?
...
Un insecto moi coñecido polas persoas, que ten un importante papel nas súas vidas porque sempre hai alguén achegado que sofre as súas picaduras, falamos dos mosquitos. Ademais os nenos/as adoitan sufrir as consecuencias das andadas destes bichiños, que nas noites de verán cando máis aperta o calor durmimos con menos roupa, aproveitan para alimentarse da nosa doce sangue. Ao ser este un tema achegado ao público infantil pode xurdir del intereses por investigar como a súa existencia. E iso é o que buscamos que o alumnado senta curiosidade por aprender e saber máis, e isto soamente ocorre cando é algo ó que teñen acceso e que ten presenza nas súas vidas. Este proxecto podería adaptarse a calquera idade que comprende a etapa de Educación Infantil.

Obxectivos:

·              Investigar características da vida dos mosquitos
·         Coñecer poesía
·         Realizar coordinación óculo-manual, pinza prénsil
·         Practicar lectoescritura e debuxo
·         Desenvolver a imaxinación e creatividade literaria
·         Dialogar e opinar, buscando fundamentos de razón
·         Colaborar coas familias
·         Traballar en equipo

Desenvolvemento:


1. Á volta do verán, realizaremos unha asemblea na cal expoñeremos a adiviñanza de arriba. Daremos uns minutos para cavilar respostas e falar do que cremos que é. Debuxo cada quen dun mosquito e colocación dos mesmos no mural, ademais pintaremos as letras que irán de título do mural.

 
Imaxe de elaboración propia
Imaxe de elaboración propia
   

Imaxe de elaboración propia
Imaxe de elaboración propia
     

Imaxe de elaboración propia 

  
  2. Ó día seguinte, leremos a poesía de “El mosquito” e observaremos o debuxo á vez que falamos das características que coas palabras nos transmite.
Imaxe tomada de http://ir.gl/7ba5c3

  3. Na seguinte xornada, poñemos en común o qué sabemos deste insecto e escribímolo no mural para que quede constancia e pregamos nel tamén unha imaxe do poema.
Sabemos que: voan, pican moito, teñen ás, teñen patas, fan ruído, veñen de noite cando durmimos, pican a papá pero a mamá non, ao prender a luz desaparecen, igual se esconde baixo da almofada ou son invisibles, mamá vótame pomada. 

   4. Este traballo non o podemos realizar sos e soas, porque queremos saber moito:
ü  Que comen?
ü  Onde viven?
ü  Cando dormen?
ü  Como nacen?
ü  Teñen papá e mamá?
ü  Cal é o mosquito máis grande do mundo?
ü  Cantas patas poden ter?
ü  De que son as súas ás?
ü  Como fan o son ese?
ü  De cantos cores son?
ü  Onde están durante o inverno?
ü  Como ao prender a luz desaparecen? Teñen poderes?
ü  Como podemos curar as pupas?
Polo que, decidimos que a mellor maneira de buscar información é que os pais e nais nos axuden aportando recortes de xornais e revistas, contos, libros documentais, vídeos, páxinas web… todo o que nos traian das casas estará colocado na mesa de investigación e podemos observalo cando queiramos pero sempre con coidado de non perdelo.

  5. Desde que temos recursos dos que obter información, dedicamos unha sesión e en parellas cada unha delas resolve unha das preguntas. 

   6.  Despois en gran grupo expoñemos as respostas e ímolas trasladando ó panel.

   7.  Finalmente, formaranse pequenos grupos para a realización dunha poesía ou conto máis un debuxo dun mosquito. Isto tamén o engadiremos ao panel e expoñerémolo. 

Imaxe de elaboración propia
Imaxe de elaboración propia
                         

Imaxe de elaboración propia
Imaxe de elaboración propia

































    8. Xa para rematar, faremos unha posta en común do que aprendemos. 

Conclusión:

A temática do mosquito pareceunos moi interesante pola súa proximidade co mundo infantil, debido a que tanto en cidades como en vilas e aldeas teñen presenza estes insectos. Ademais son moi pequenos polo que non adoitan provocar medo nos máis pequenos/as, malia isto é interesante investigalos porque teñen bastante repercusión nas vidas dos nenos e nenas, xa que as súas picaduras son molestas e dolorosas, especialmente na temporada de verán. 

Os proxectos son un método de traballo moi dinámico e supoñen que os nenos e nenas participen activamente no seu proceso de aprendizaxe, porque investigan o que lles interesa e non está sometido a tempos cerrados. Pois, unha das bases é o traballo pausado e realizado con ansias de mellora de coñecementos. Ademais mostran que o que se fai en grupo, como equipo é moi enriquecedor.

Desde a nosa perspectiva, en Educación Infantil debéramos tratar temas cos que o alumnado teña contacto, dos que nos poidan aportar algo nun inicio e sobre os que queiran saber máis. Tamén ao tratarse dun insecto deste tamaño, estes sentirán maior atracción por aprender sobre el e tamén por observar qué o caracteriza; pois non é ningún segredo que a infancia e o mundo animal senten unha atracción mutua por coñecerse e relacionarase. Ademais facelo a través dunha poesía é moi importante e enriquecedor, xa que ás veces este campo da literatura está algo esquecido, a pesares de que funciona moi ben.

Como podemos ver, é moi importante buscar diferentes maneiras de presentar os temas e tamén deixar que os nenos e nenas sexan os mesmos protagonistas da súa aprendizaxe, é dicir, que se fagan autónomos e que crean nas súas capacidades para desenvolverse. As mestras/es debemos estar acompañando sempre no proceso pero non interferindo, a non ser que sexa mester. 


Proposta elaborada por: 
Herrero Losada, Luís
Iglesias Núñez, Fátima

No hay comentarios:

Publicar un comentario