Velaquí tedes o videopoema que
elaboramos sobre o poema de Rosalía de Castro!! Verdade que estabades ansiosos
por velo?
Nel Rosalía reflicte os
sentimentos que sufrían aquelas persoas que emigraban, como a morriña, a
tristura e a soidade, todas elas causadas por ter que deixar o seu lar, a súa
xente e a súa terra, Galicia.
Como veredes, as tres
primeiras estrofas do poema están recitadas polos nenos e nenas de 3 anos do
CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo - A Coruña) que nos dedicaron un pouquiño
do seu tempo para colaborar connosco. Moitísimas grazas!! Sen dúbida,
deixástesnos o listón moi alto para nós recitar as demais estrofas.
Ademais, aparecen diversos lugares próximos á cidade de Lugo, como:
Orbazai, Adai, O Burgo, Santo Matías e Vila Estevez, así como a praia de Razo,
en Carballo. Finalmente, empregamos unha música inicial e final extraída
de Jamendo e que leva por nome Sunset.
No hay comentarios:
Publicar un comentario