Mostrando entradas con la etiqueta Gloria Fuertes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gloria Fuertes. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de abril de 2015

NÓS PERDOAMOS, E TI... PERDOAS?

            O poema La pata mete la pata de Gloria Fuertes  ofrécenos a posibilidade de traballalo na aula co alumnado de Educación Infantil, pois aborda o tema do perdón.
            Decidimos, polo tanto, escoller este tema do perdón e saber perdoar para realizar as nosas actividades, pois é un tema que se debe abordar xa dende que somos pequenos. Malia que, como dixemos na entrada anterior, non é sinxelo pero como futuras mestras debemos telo en conta e saber como abórdalo para que os nenos e nenas adquiran este valor, tomando unha actitude positiva cara esta necesidade e reflexionando sobre a súa importancia.

Aclarado isto, queredes saber as actividades que deseñamos?

Segue lendo e mergúllate no incrible mundo do perdón!
Debemos destacar antes de nada os obxectivos que pretendemos conseguir que son os seguintes:
- Fomentar a participación do alumnado maior.
- Tomar conciencia da importancia do valor de perdoar.
- Fuxir da ira, do enfado e do rancor.
- Saber perdoar como forma de vida.

E agora....sabedes que imos facer cos nenos e nenas? Pois segue lendo!  


            Primeira actividade: LEMOS POESÍA

A primeira actividade sería a lectura do poema para o cal pedimos colaboración a dous nenos ou nenas de primaria para que o debuxaran e lle lo contaran ao alumnado. Pois cremos importante e interesante a colaboración dos máis grandes para o ensino nos máis pequenos para que todos aprendan entre eles e se axuden entre si.

No noso caso o conto debuxóunolo unha nena de segundo de primaria para que se poida ver un exemplo do resultado:






Unha vez lido faríaselle aos nenos e nenas as seguintes preguntas:
-          Que pasa no poema?
-          O porco enfadouse?
-          E a pata?
-          E por que se enfadou?
-          E perdooulle?
-          Vós enfadádesvos?
-          Que e quen vos enfada?
-          E perdoades?

Estas serían as preguntas principais pero en función do desenvolvemento das mesmas iríanse engadindo máis para ir encamiñando a conversación até conseguir que o alumnado chegase á reflexión de que ás veces nos equivocamos ou algunhas persoas nos fan dano sen querer pero que temos que aprender a perdoar para ser máis felices e convivir mellor.

Que vos vai parecendo? É importante perdoar verdade? Pois... non deixedes de ler!

Segunda actividade: XOGAMOS E PERDOAMOS

Como segunda actividade repartiríase un folio a cada neno e pediríaselles que debuxasen as cousas que lles molestan e as cousas que os enfadan. Para posteriormente poñelo nun mural que lle chamaremos: AS COUSAS QUE NON DEBEMOS FACER.
Ese mural quedara colgado na aula para que sempre que alguén faga unha desas cousas reflexione sobre iso e que saiba que non o pode facer porque hai a alguén que lle vai causar dano.

Terceira actividade: DERRUBAMOS PESOS

            Como terceira actividade pediríamos aos nenos que escribiran cousas que fan os seus compañeiros que os enfadan ( un exemplo sería: collerme o meu xoguete, romperme os bonecos, pegarme..). Logo pegariámolas en botellas de plástico recicladas para que despois os nenos xogaran a derrubalas, dicindo cada vez que a derrubaran a palabra “perdón”. Deste xeito comprenderan que cando nos fagan iso temos que perdoalo, pero iso si, primeiro entendendo por que o noso compañeiro o fixo.

            Cuarta actividade: CONVIVIMOS MELLOR

            Como última actividade atariamos con un cordón a todo o alumnado polas bonecas a uns con outros. Despois pediriámoslles que correran até un punto, que debuxaran, que pasaran por unha porta... Deste xeito decataranse que facer estas actividades é imposible estando todos amarrados. Logo sentariámonos en círculo e mediante preguntas acerca do acontecido, fariámoslles chegar a que esa e a sensación que temos no interior cando non perdoamos. Por iso é moi importante perdoar para poder convivir mellor.
            Aclarado isto soltariámolos e pediriámoslles que realizaran agora as actividades. A que saen mellor? Pois esa é a mesma base para o PERDÓN.
Que vos pareceu? Esperemos que vos resultara divertida esta aventura e sobre todo que vos ofrecera ideas para aplicar na aula.

E agora tócanos reflexionar a nós.

Cremos que estas actividades que deseñamos son totalmente aplicables á etapa de Educación Infantil. Pensamos que mediante ela os nenos e nenas traballarán sobre un tema moi importante como é o perdón, pero dun xeito motivador porque todo será traballado de xeito lúdico, que nestas idades é a mellor forma de aprender.
Outro punto a destacar dunha das nosas actividades é que temos en conta ao alumnado máis maior. O cal é un punto a ter en conta tamén nun futuro, como mestras que imos ser, pois o proceso de ensino-aprendizaxe englobar a toda comunidade incluídos os propios alumnos máis maiores. Deste xeito eles tamén se senten valorados e responsables da aprendizaxe dos máis pequenos, facéndolles ver que súa axuda tamén é  necesaria.
Así pois, chegados a este punto podemos dicir que estamos contentas ca nosa proposta, pois tentamos facela pensando en todo momento na súa aplicabilidade nunha aula e pensando na motivación do alumnado, creando actividades nas que o alumnado se implique por completo e se divirta, ao mesmo tempo que aprende.

Moitas grazas por lernos.

E lembrade,  podedes seguirnos tamén no twitter: CuentaPrimates !

miércoles, 25 de marzo de 2015

Gloria Fuertes "La pata mete la pata"




                       Ilustración 1. Imaxe extraída de http://www.gibralfaro.uma.es/biografias/pag_1590.htm


Quen é Gloria Fuertes?
No barrio madrileño de Lavapiés nacía un 28 de xullo de 1917 un dos referentes da Literatura Infantil española do século XX, Gloria Fuertes.

    Ilustración 2. Imaxe extraída dun vídeo sobre a súa autobiografía na rte. http://www.rtve.es/alacarta/videos/la-mitad-invisible/mitad-invisible-autobiografia-gloria-fuertes/1563603/


 Esta escritora tiña un gusto pola poesía moi vocacional, pois a pesares de que súa nai a matriculara no Instituto de Educación Profesional da Muller e lle  fixera estudar materias como Cociña e Bordado, entre outras, ela matriculouse á vez en Literatura e Gramática, pois un dato a destacar é que con tan só 5 anos xa escribía, debuxaba e cosía os seus contos con fío para encadernalos. Polo tanto, pódese dicir que foron estes os seus primeiros libros infantís.
Tivo que traballar como contable e secretaria pero iso non lle impediu escribir os seus contos e poemas, que malia que lía a Bécquer, Rubén Darío e Gabriel y Galán, o que máis a influenciou á hora de escribir foi a chegada da Guerra Civil o que agudizou o seu sentido de protesta. Isto vese reflectido no seu primeiro libro de poemas Isla ignorada, escrito aos 17 anos.


En canto á súa bibliografía....                                                                                    
Debido ao terrible da guerra a súa visión da vida é triste. Non entende o absurdo da civilización moderna que loita por cousas sen importancia deixando de lado aos nenos e nenas. Esta temática antibélica vese reflectida nos seguintes versos:
“El día que se implante la Paz,
sobre la Tierra caerá una nevada
tenaz y duradera”
A finais dos anos corenta comezará a combinar dúas facetas creadoras: a infantil con poesía social de adultos. Para iso analizaba os seus estados de ánimo e así actuaba. Isto é, para escribir poesía infantil “facíase nena”, tiña que estar contenta e graciosa, imaxinativa, fantástica e crear argumentos que lles fixeran graza. Pola contra, se tiña algún problema, a poesía que resultaba era a do lector adulto cambiando o humor sinxelo pola risa amarga, aumentando as metáforas e os dobres sentidos. Iso si, sempre empregaba unha linguaxe clara e sinxela como ela mesma foi ao longo da súa vida.
Esta autora sempre se definiu como “autodidacta e poeticamente desescolarizada” pero a crítica uniu o seu nome á Xeración dos 50 e ao Postismo polo tipo de temas  sobre os que escribía.
Gloria Fuertes foi unha das voces iniciais da poesía feminina e unha das fundadoras en 1947 do grupo feminino “Versos con faldas” que ofrecían lecturas e recitais polos bares de Madrid.
En 1952 publica a obra infantil Pirulí, e organiza a primeira Biblioteca Infantil ambulante por pequenos pobos, levando libros a onde estes non podían chegar por falta de cartos.


É precisamente nesta década na cal publica algunhas das súas obras máis coñecidas: Que estás en la tierra (1962), Ni tiro, ni veneno, ni navaja en 1965, co que obtén o Premio Guipúzcoa, Poeta de guardia en 1968, un dos mellores considerados pola crítica e Cómo atar los bigotes del tigre en 1969, co que consigue o accésit do Premio Vizcaya de Poesía.
Pero é de gran relevancia destacar que Cangura para todo en 1968, foi todo un éxito ao obter unha mención de honra no Premio Andersen de Literatura Infantil.




A partir da década dos 70, Gloria Fuertes comeza a vivir por e para a literatura pois segue publicando e comeza a colaborar activamente en diversos programas infantís de TVE, como Un globo, dos globos, tres globos, do que compón até a sintonía, e La cometa blanca (a partir de 1982) converténdose así definitivamente na poeta dos nenos. Pois era unha muller á que lle gustaba enredar adiviñanzas, pareados e xogos de palabras.  É por esa razón pola que se dedica sobre todo á poesía infantil, porque era cos nenos cos que mellor podía aplicar este sentido da poética tan libre e tan sinxelo. Sabía que a súa  actitude lúdica de desmontar e reinventar palabras levaba aos nenos e nenas a un mundo de fantasía e provocáballes diversión. Xoga ca linguaxe como xogaría un neno: El libro loco de todo un poco, La ardilla y su pandilla, La pata mete la pata, Doña Pito Piturra... entre outros.

Vamos afondar nunha das súas obras, neste caso falamos de..:

        Datos fundamentais:
-                              -  Título: La pata mete la pata

La pata desplumada, cua, cua, cua,
como es patosa, cua, cua, cua,
ha metido la pata, cua, cua, cua,
en una poza. ¡Grua!, ¡grua!, ¡grua!
En la poza había un cerdito vivito y guarreando,
con el barro de la poza, el cerdito jugando.
El cerdito le dijo: saca la pata, pata hermosa.
Y la pata patera le dio una rosa.

Por la granja pasean comiendo higos.
¡El cerdito y la pata se han hecho amigos!


Análise do contido da obra
Este poema infantil ofrece a oportunidade de coñecer animais, neste caso unha pata e un porco, afondando sobre eles dende unha perspectiva humorística algo que caracteriza moi ben as obras de Gloria Fuertes.
Por outra banda o tema principal que aborda,  como ben dixemos antes, de xeito humorístico é o pedir perdón e saber perdoar.

Cal é a nosa visión acerca deste poema?
            Cando limos este poema, nun primeiro momento non nos decatamos do seu dobre fondo. Pois pensábamos que se centraba en darnos a coñecer animais como a pata e o porco. Pero logo de analizala démonos de conta que abordaba o tema do perdón e o saber perdoar.
Pedir perdón e saber perdoar é o mellor camiño para que os nenos e nenas, e incluso os adultos, teñamos estabilidade interior e paz con nos mesmos. Así mesmo é o mellor para solucionar enfados, conseguir amizades que perduren e obter unha boa convivencia.
Por iso cremos que este poema é moi acertado para levar a unha aula e poder comezar a traballar con el, algo tan importante como é o valor do perdón.
Como xa dixemos, é moi difícil abordar este tema con nenos e nenas tan pequenos pero é moi preciso facelo. E ten que ser dun xeito significativo para eles, porque desta forma será como mellor o entendan, porque para eles esa idea é moi abstracta. 


Webgrafía


Moitas grazas por lernos!
E lembrade, podedes seguirnos tamén no twitter : @CuentaPrimates