Ilustración 1. Imaxe extraída de http://www.gibralfaro.uma.es/biografias/pag_1590.htm
Quen
é Gloria Fuertes?
No barrio madrileño de Lavapiés
nacía un 28 de xullo de 1917 un dos referentes da Literatura Infantil española
do século XX, Gloria Fuertes.
Ilustración 2. Imaxe extraída dun vídeo sobre a súa
autobiografía na rte. http://www.rtve.es/alacarta/videos/la-mitad-invisible/mitad-invisible-autobiografia-gloria-fuertes/1563603/
Esta escritora tiña un gusto
pola poesía moi vocacional, pois a pesares de que súa nai a matriculara no
Instituto de Educación Profesional da Muller e lle fixera estudar materias como Cociña e
Bordado, entre outras, ela matriculouse á vez en Literatura e Gramática, pois
un dato a destacar é que con tan só 5 anos xa escribía, debuxaba e cosía os
seus contos con fío para encadernalos. Polo tanto, pódese dicir que foron estes
os seus primeiros libros infantís.
Tivo que traballar como contable e
secretaria pero iso non lle impediu escribir os seus contos e poemas, que malia
que lía a Bécquer, Rubén Darío e Gabriel y Galán, o que máis a influenciou á
hora de escribir foi a chegada da Guerra Civil o que agudizou o seu sentido de
protesta. Isto vese reflectido no seu primeiro libro de poemas Isla ignorada, escrito aos 17 anos.
En canto á súa bibliografía....
Debido ao terrible da guerra a súa
visión da vida é triste. Non entende o absurdo da civilización moderna que
loita por cousas sen importancia deixando de lado aos nenos e nenas. Esta
temática antibélica vese reflectida nos seguintes versos:
“El día que
se implante la Paz,
sobre la
Tierra caerá una nevada
tenaz y
duradera”
A finais dos anos corenta comezará a
combinar dúas facetas creadoras: a infantil con poesía social de adultos. Para
iso analizaba os seus estados de ánimo e así actuaba. Isto é, para escribir
poesía infantil “facíase nena”, tiña que estar contenta e graciosa,
imaxinativa, fantástica e crear argumentos que lles fixeran graza. Pola contra,
se tiña algún problema, a poesía que resultaba era a do lector adulto cambiando
o humor sinxelo pola risa amarga, aumentando as metáforas e os dobres sentidos.
Iso si, sempre empregaba unha linguaxe clara e sinxela como ela mesma foi ao
longo da súa vida.
Esta autora sempre se definiu como
“autodidacta e poeticamente desescolarizada” pero a crítica uniu o seu nome á
Xeración dos 50 e ao Postismo polo tipo de temas sobre os que escribía.
Gloria Fuertes foi unha das voces
iniciais da poesía feminina e unha das fundadoras en 1947 do grupo feminino “Versos
con faldas” que ofrecían lecturas e recitais polos bares de Madrid.
En 1952 publica a obra infantil Pirulí, e organiza a primeira Biblioteca
Infantil ambulante por pequenos pobos, levando libros a onde estes non podían
chegar por falta de cartos.
Ilustración
4. Extraída de http://www.gloriafuertes.org/index.php/literatura-inf/30-piruli
É precisamente nesta década na cal
publica algunhas das súas obras máis coñecidas: Que estás en la tierra (1962), Ni tiro, ni veneno, ni navaja
en 1965, co que obtén o Premio Guipúzcoa, Poeta de guardia en 1968,
un dos mellores considerados pola crítica e Cómo atar los bigotes del tigre
en 1969, co que consigue o accésit do Premio Vizcaya de Poesía.
Pero é de gran relevancia destacar
que Cangura para todo en 1968, foi todo un éxito ao obter unha mención
de honra no Premio Andersen de Literatura Infantil.
Ilustración 5. Extraída
de: https://www.google.es/search?q=cangura+para+todo+gloria+fuertes&biw=1093&bih=498&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ei=rnsJVYezMoH6UMTGgrgL&ved=0CAYQ_AUoAQ#imgdii=_&imgrc=tJRfp9lssASDWM%253A%3BHChRHVu7R-FQbM%3Bhttp%253A%252F%252Fbib.cervantesvirtual
A partir da década dos 70, Gloria Fuertes
comeza a vivir por e para a literatura pois segue publicando e comeza a
colaborar activamente en diversos programas infantís de TVE, como Un
globo, dos globos, tres globos, do que compón até a sintonía, e La
cometa blanca (a partir de 1982) converténdose así definitivamente na
poeta dos nenos. Pois era unha muller á que lle gustaba enredar adiviñanzas,
pareados e xogos de palabras. É por esa
razón pola que se dedica sobre todo á poesía infantil, porque era cos nenos cos
que mellor podía aplicar este sentido da poética tan libre e tan sinxelo. Sabía
que a súa actitude lúdica de desmontar e
reinventar palabras levaba aos nenos e nenas a un mundo de fantasía e
provocáballes diversión. Xoga ca linguaxe como xogaría un neno: El
libro loco de todo un poco, La ardilla y su pandilla, La pata mete la pata,
Doña Pito Piturra... entre outros.
Vamos
afondar nunha das súas obras, neste caso falamos de..:
Datos
fundamentais:
- - Título:
La pata mete la pata
La pata desplumada, cua,
cua, cua,
como es
patosa, cua, cua, cua,
ha metido la pata, cua, cua, cua,
en una poza. ¡Grua!, ¡grua!, ¡grua!
En la poza había un cerdito vivito y guarreando,
con el barro de la poza, el cerdito jugando.
El cerdito le dijo: saca la pata, pata hermosa.
Y la pata patera le dio una rosa.
Por la granja pasean comiendo higos.
¡El cerdito y la pata se han hecho amigos!
Análise
do contido da obra
Este poema infantil
ofrece a oportunidade de coñecer animais, neste caso unha pata e un porco,
afondando sobre eles dende unha perspectiva humorística algo que caracteriza
moi ben as obras de Gloria Fuertes.
Por outra banda o tema
principal que aborda, como ben dixemos
antes, de xeito humorístico é o pedir perdón e saber perdoar.
Cal
é a nosa visión acerca deste poema?
Cando
limos este poema, nun primeiro momento non nos decatamos do seu dobre fondo.
Pois pensábamos que se centraba en darnos a coñecer animais como a pata e o
porco. Pero logo de analizala démonos de conta que abordaba o tema do perdón e
o saber perdoar.
Pedir perdón e saber
perdoar é o mellor camiño para que os nenos e nenas, e incluso os adultos,
teñamos estabilidade interior e paz con nos mesmos. Así mesmo é o mellor para
solucionar enfados, conseguir amizades que perduren e obter unha boa
convivencia.
Por iso cremos que este
poema é moi acertado para levar a unha aula e poder comezar a traballar con el,
algo tan importante como é o valor do perdón.
Como xa dixemos, é moi
difícil abordar este tema con nenos e nenas tan pequenos pero é moi preciso
facelo. E ten que ser dun xeito significativo para eles, porque desta forma
será como mellor o entendan, porque para eles esa idea é moi abstracta.
Webgrafía
- Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: http://www.cervantesvirtual.com/portales/gloria_fuertes/autora_cronologia/
- Página Web La Guía Infantil: http://www.guiainfantil.com/articulos/educacion/valores/educar-en-valores-a-los-ninos-el-valor-del-perdon/
Moitas grazas por lernos!
E lembrade, podedes seguirnos tamén no twitter : @CuentaPrimates
No hay comentarios:
Publicar un comentario