miércoles, 18 de marzo de 2015

A didáctica con Uxía


1. Introdución

“Como é ter un irmán? Que é iso? Que lle ocorre a mamá? Por que está tan cansa e xa non xoga comigo coma antes? Como unha cegoña vai traer un neno así? Por que teño que ir para a casa dos avós tantas veces?... por que xa nada é igual? Non o entendo!” “Mamá di que ten unha semente na barriga, así tan pequeniña coma esa da cirola que plantamos co avó no verán...pero non é verdade porque esta medra moito. Pero papá tamén dei que imos ter un bebé coma os veciños, pero eu non sei se quero un neno que estea chorando todo o día e que papá e mamá teñan que estar con el a todas horas...”

Moitos pensamentos son os que pasan polas cabezas dos nenos e nenas cando saben que van ter un irmán e non comprenden o que isto significa. Algúns exprésano verbalmente e outros non. Cremos que a partir desta obra Uxía e a barriguiña de mamá podemos traballar a morea de sentimentos que nacen nos nosos nenos/as ao saber da chegada dun novo membro á familia. Eles perciben que algo vai cambiar porque xa está cambiando e ás veces non saben aceptar esta nova situación, a cal implica compartir tempo, atención, obxectos, espazos, persoas... algo difícil cando unha característica base nos nenos e nenas de educación infantil é o egocentrismo e a imposibilidade de entender o concepto de compartir. Isto, ademais, vai unido á falta de empatía que teñen nesta etapa.

Por todo isto cremos que a nosa obra ten moito zume que espremer, xa que goza dunha linguaxe sinxela, tamaño pequeno e debuxos moi significativos. Todo elo capta a atención e manipulación da obra por parte dos cativos/as.

2. Obxectivos

     ·         Traballar a atención e a comprensión lectora.
     ·         Fomentar unha escoita activa.
     ·         Traballar a dimensión temporal e espacial.
     ·         Desenvolver a imaxinación e a creatividade.
     ·         Fomentar a memoria inmediata.
     ·         Exercer coordinación óculo-manual.
     ·         Procurar unha boa pinza, unha motricidade fina en xeral.

3. Desenvolvemento

1)      Presentación da obra a través da lectura do conto e posterior exercicio de comprensión lectora respondendo ás seguintes preguntas:
·         Quen é Uxía?
·         Que lle ocorre á súa mamá?
·         Quen xoga con Uxía e lle axuda a coidar a súa nai?
·         Cando Uxía chora, porque é?
·         Que agasallo lle fai á súa nai?
·         Como se sente Uxía coa noticia? ¿Contenta ou triste?
·         De que cor leva a roupa Uxía?
·         É morena ou loura?
Imaxe 1: tomada de http://ir.gl/8eb001

2)      Ordenación das secuencias do conto que se atoparán impresas en láminas, cada neno/a terá unha e debe erguerse a colocala cando crea que ocorre o que ten na súa viñeta. (Imaxes tomadas da obra ilustrada a traballar: Uxía e a barriguiña de mamá)
  
         
 
 
 
 
                     

3)      Asistimos á ruleta das emocións e repasamos as que temos: contento, triste, enfadado, asustado, sorprendido e, colocados en círculo, practicamos expresións faciais de todas elas. Ademais, podemos analizar as caras de Uxía nas diferentes imaxes do conto. A continuación realizamos a pregunta de como nos sentiríamos se tiveramos un irmán e falamos dilo.
Imaxe 3: de elaboración propia

4)      Sentados nas cadeiras cada quen fai o debuxo de como imaxinan ou lles gustaría que continúe o conto de Uxía.

Imaxe 4: de elaboración propia 
Imaxe 5: de elaboración propia 
Imaxe 6: de elaboración propia 
Imaxe 7: de elaboración propia 
Imaxe 8: de elaboración propia

5)      Comentamos cada quen o seu final de historia e colgamos os debuxos nunha cortiza. Escribimos o nome de cada alumno/a no encerado e facemos unha votación, a man alzada, para escoller cal dos debuxos nos gusta máis.
Imaxe 9: de elaboración propia

6)      Unha vez elixida a nosa continuación do conto, distribuirémonos por pequenos grupos e en papel continuo cada un elaborará o debuxo dunha parte da historia, incluído o noso final personalizado.
Imaxe 10: de elaboración propia 
Imaxe 11: de elaboración propia 
Imaxe 12: de elaboración propia 
Imaxe 13: de elaboración propia 

7)      Ademais, como Uxía xa ten a seu irmán nos seus brazos inventaremos unha canción para que lle cante.
Imaxe 14: mostrando a canción que Uxía canta a seu irmán

8)      A. Despois de tanto traballo o menos que debemos facer é expoñelo, así que organizamos unha sesión na que os pais serán os visitantes. Para elo, faremos un taller de cociña e amasaremos masa para rosquillas que logo levaremos a cocer ao forno do comedor.
Imaxe 15: mostrando a nenos/as amasando
Fotografía tomada de http://ir.gl/ff2a5a
Imaxe 16: mostrando neno/a amasando
Fotografía tomada de http://ir.gl/e281da

          B. Ao finalizar a exposición e a degustación das rosquillas, pais, nais e fillos/as farán un        debuxo en conxunto da familia.

4. Conclusións

Pensamos que a nosa proposta pode ser exitosa porque non ten un único resultado, senón que acepta as individualidades de cada un. Polo que podemos caracterízala de aberta e flexible, xa que no caso de ter que cambiar algo nas actividades sería factible.

A través das actividades que presentamos cremos que se poden traballar moitos aspectos físicos, cognitivos e emocionais dos nenos e nenas, coma, por exemplo, o exercicio da destreza manual e a expresión de sentimentos e pensamentos. Desde a nosa perspectiva a chegada dun irmán ou irmá á vida dun neno/a sempre supón un cambio importante nas súas rutinas e por tanto é merecedor de tempo para tratalo.

Finalmente, cremos que a exposición e a visita dos proxenitores, son actividades interesantes para estreitar relacións familia-escola, e é que esta última non pode estar pechada a algo tan importante para os nenos/as como é a súa familia.  

Proposta elaborada por: 
Luís Herrero Losada
Fátima Iglesias Núñez

No hay comentarios:

Publicar un comentario