“Las ilustraciones en los libros
aumentan el placer de leer, y es solo a través del placer de leer que nosotros
crearemos verdaderos lectores, lectores que amen los libros”
Anthony
Browne comezou a súa
traxectoria no mundo da literatura deseñando postais para nenos e nenas, por
este motivo non podíamos comezar esta entrada sen facer unha mención a esta
etapa da súa vida. En dita frase pódese observar a clara importancia que lle dá
ás ilustracións para fomentar o gusto pola lectura nos máis pequenos e nos que
non o son tanto, xa que mediante as súas obras chega a conquistar tamén aos
adultos e aos especialistas.
Quén é Anthony
Browne?
Browne naceu en Sheffield, ao norte de Inglaterra, hai
68 anos. Formouse como deseñador gráfico na Facultade
de Arte de Leeds.
Ilustración 1: Anthony Browne na presentación
dun dos seus álbums ilustrados. Extraído de http://www.bbc.co.uk/news/in-pictures-13011484
Tras a súa bagaxe como deseñador de postais e
artista médico, decide redactar e ilustrar a súa primeira obra literaria a cal
titula Through the Magic Mirrow (1976).É
a partir de aquí cando xa se nota a súa presenza, pois publicou máis de 30
libros, ilustrando incluso algúns clásicos como Hansel y Gretel, poñendo moito énfase nas ilustracións e dándolles
un cambio significativo.
Ilustración 2. Libro co que
Anthony Browne comeza a súa bagaxe na literatura infantil. Extraído de http://www.readplus.com.au/blog_detail.php?id=957
Así mesmo é importante sinalar que obtivo numerosos
premios, pero quizais o máis importante foi lograr ser o primeiro ilustrador
británico en conseguir o Premio Hans Christian Andersen no ano 2000. O seu gran éxito foi Gorila (1991) co que consegue varios premios importantes entre os
que destacan, entre outros, Kate Greenaway Medal e New York Times Illustrated
Book.
Ilustración 3. Álbum ilustrado co
que Anthony Browne consigue multitude de premios. Extraído de http://literaturainfantil.about.com/od/Libros-Album/a/Gorila-De-Anthony-Browne.htm
“Su infancia, llena de recuerdos significativos, la vive
en el ambiente de un pub que regentaban sus padres, y es allí donde verá por
primera vez algunas peleas organizadas en un prado cercado.” “Era una época en
la que vivía lleno de terrores, la gente le perseguía, le oía ruidos en el
armario... los muebles clásicos y oscuros de su casa eran una amenaza
constante.”
Estas verbas sacadas dun informe feito por Roberto
Sotelo (1999) chamáronnos moito a
atención, pois pasou a súa infancia nun ambiente nada recomendado para
un neno. Viviu unha época chea de medos, de ruído, de angustia...o que se ve
reflectido na obra Literatura Infantil
(1998).
En canto a súa bibliografía
Nas
obras de Anthony Browne convive o humorístico co mundo íntimo dos seus
personaxes, combina o realista con elementos surrealistas, animais antropomórficos
con seres humanos que se comportan como animais, gorilas con ruda aparencia
pero de tenros sentimentos, nenos submisos e medrosos con nenos dominantes e
provocador...
Os
protagonistas das obras soen ser nenos, animais que se comportan como nenos ou
mulleres que pasan inadvertidas, que atravesan situacións como o desamor, a
indiferenza, a soidade, os celos, o aburrimento e outros problemas.
Ilustración
4. O ilustrador Anthony Browne traballando no seu estudo. Extraído de https://mirtasal.wordpress.com/tag/libro-album/
Na
súas obras tamén teñen gran importancia os elementos decorativos xa que
contribúen a entender o desenvolvemento da narración. Destacar na obra “Un
gorila. Un libro para aprender a contar” as imaxes son o elemento principal
para entender a historia, xa que a través das mesmas comprendemos as diferenzas
e semellanzas que nos podemos encontrar dentro dunha familia, neste caso dos
primates.
Browne publicou, como mencionamos anteriormente, ao
redor de 40 obras, que atraeron e atraen a un público moi amplo. Os álbums
ilustrados máis destacados deste autor son os seguintes: El libro de los
cerdos (1991), Gorila (1991), Willy el tímido (1991), Zoológico
(1993), Cambios (1993), Willy el soñador (1997), Voces en el
parque (1999), En el bosque (2004), ou King Kong (2006).
Ilustración 5. Portada do libro
titulado El libro de los Cerdos.Extraído
de http://www.fondodeculturaeconomica.com/Librerias/Detalle.aspx?ctit=100002E
Ilustración 6. Portada do libro Willy el tímido.Extraído de http://www.plandelectura.cl/comunidad/willy-el-timido
Todos os álbums ilustrados teñen en común que os
protagonistas son animais, sobre todo porcos, gorilas e chimpancés, aos que lle
atribúe comportamentos e calidades humanas. Ademais, destacar que as cores que
utiliza reforzan o seu aspecto estático. Mestura imaxes grandes e pequenas,
reais e imaxinarias, en marabillosa harmonía, xogando así con todo o espazo.
Tamén compre destacar que a forma narrativa
utilizada por Browne soe ser sinxela, desenvolvendo así, historias lineais nun
tempo determinado.
Vamos a afondar nunha
das súas obras, neste caso estamos falando de....:
-
Colección: Tras os montes
-
Tradutor: Silvia Pérez Tato, 2012
-
Ilustrador: Anthony Browne, 2011
-
Editorial: Kalandraka
-
ISBN: 978-84-8464-710-2
-
Ano
de edición: 2012
Ilustración 7. Portada do libro no que
nos centramos principalmente. Extraído de http://www.kalandraka.com/es/colecciones/nombre-coleccion/detalle-libro/ver/un-gorila-un-libro-para-aprender-a-contar/
Análise
do contido da obra
Este é un libro destinado a que os nenos e nenas
aprendan a contar mediante o coñecemento das distintas especies de monos. Vai
pasando por todos os números dende o 1 ao 10 nomeando ao gorila, orangutáns,
chimpancés, mandrís, babuínos, xibóns, monos araña, macacos, colobos e lémures.
Finalmente deixa unha porta aberta á reflexión resumida
en tres frases:
“ Todos son primates. Todos son unha familia. Todos
son a miña familia... E a túa!” (Browne, 2012)
Na dúas últimas páxinas aparece un retrato do autor
e un conxunto de persoas de diversas etnias e idades.
Cal
é a nosa visión acerca deste álbum ilustrado?
Cremos que o autor emprega a aprendizaxe dos números
amosándonos que nunha mesma familia existen diferenzas evidentes entre os seus
integrantes e non por iso deben ser excluídos, senón que todos forman parte
dese grande ou pequeno grupo. A pesar de ser un libro que trata este tema, o
feito de que o faga dende un segundo plano, permite que cada mestre/pai/titor
legal o traballe de xeito diverso.
O tema da diversidade cultural é unha realidade
presente na nosa sociedade dende hai tempo, acentuándose dun xeito considerable
nestes últimos anos. O que fai verlle aos nenos e nenas é que ao igual que os
animais son distintos entre si, seguen sendo iso, animais; e nós os seres humanos igual, malia que
teñamos trazos distintos e características diferentes, seguimos pertencendo ao
mesmo colectivo, por iso debemos respectarnos tal e como somos. Así pois,
debemos comportarnos como unha gran familia para crear unha sociedade mellor,
onde a exclusión non teña cabida.
Ilustración 8. Última imaxe do
álbum ilustrado ao que se fai referencia no paragrafo superior. Extraído de http://www.fce.com.ar/boletines/chicos53/novedades.asp
Por outra banda, neste libro podemos observar como o
autor humaniza aos primates amosándonos nas súas caras sentimentos diversos (
felicidade, tenrura, ledicia, incerteza, vergoña, curiosidade..). Polo que
entendemos que pretende outorgarlles aos primates características propias do
ser humano.
Síntese final
Como síntese final, podemos dicir que nun primeiro
momento non foi un libro que nos enchera moito o ollo, pero unha vez que
comezamos a analizalo e a investigar sobre el, fomos descubrindo que nos abre
diversos abanos de traballo e adaptación á aula. Como mencionamos
anteriormente, podemos traballar a matemática, diversidade, expresións,
sentimentos...e o máis bo é que calquera persoa que o colla vaille dar o
significado e uso que el queira, porque cremos que está aberto á libre
interpretación.
Con respecto ao seu formato, é adecuado para a
educación infantil, xa que ten unhas proporcións que permite traballar con un
grupo amplo de nenos e que todos o poidan visualizar sen problema. Ademais está
composto por unhas tapas duras o que permite que o libro non rompa facilmente e
que os nenos e nenas o poidan manipular. Así mesmo, a pesar de que a historia é
moi simple, as ilustracións son moi rechamantes o que permite fixar a atención
dos rapaces e incluso dos adultos.
Por todo iso, considerámolo un bo libro para levar
as aulas de educación infantil e que de seguro lle sacaríamos moito proveito.
Referencias
bibliográficas
Browne,
A. (2012). Un Gorila.Un libro para aprender a contar. Pontevedra. Kalandraka.
Browne,
A. (2000). Through the Magic Mirror. England. Walker.
Browne,
A. (1991). Gorila. España. Fondo de Cultura Económica.
Browne,
A. (1991). El libro de los cerdos. España. Fondo de Cultura Económica.
Browne,
A. (1991). Willy el tímido. España. Fondo de Cultura Económica.
Browne,
A. (1993). Zoológico. España. Fondo de Cultura Económica.
Browne,
A. (1993). Cambios. España. Fondo de Cultura Económica.
Browne,
A. (1997). Willy el soñador. España. Fondo de Cultura Económica.
Browne,
A. (1999). Voces en el parque. España. Fondo de Cultura Económica.
Browne,
A. (2004). En el bosque. España. Fondo de Cultura Económica.
Browne,
A. (2006). King Kong. España. Fondo de Cultura Económica.
WEBGRAFÍA
No hay comentarios:
Publicar un comentario