miércoles, 25 de marzo de 2015

Non todo é o que semella...


José Agustí Goytisolo: http://pagines.uab.cat/






“Tu destino está en los demás
tu futuro es tu propia vida
tu dignidad es la de todos”

Fragmento de Palabras para Julia










Con este pequeno fragmento dun dos poemas máis importantes do autor José Agustín Goytisolo queremos comezar a nosa entrada.
            
         José Agustín Goytisolo (1928-1999) foi un escritor barcelonés, que comezou estudando dereito en Barcelona e acabou en Madrid. Pertenceu a unha familia burguesa da que saíron varios irmáns escritores e destacou o seu papel na xeración dos 50, que defendía o compromiso moral ou político e unha renovada atención á linguaxe e á poesía.
           
    As súas obras caracterízanse polo rexeitamento estético e unha gran carga autobiográfica: puxo o nome de súa nai, a unha das súas obras célebres, Poemas para Julia.Goytisolo contempla o mundo que o rodea desde unha perspectiva extremadamente crítica, con certos tons de humor.

A súa morte deu lugar a varias versións, xa que caeu desde a ventá do seu apartamento, e algúns pensan que foi un suicidio en cambio a familia considerouno un accidente.

Este autor, publicou moitas obras poéticas, entre as que queremos destacar, o seu primeiro libro El Retorno (1955) no que fala de súa nai e da gran perda que esta supuxo na súa vida, Final de un adiós (1984) no que pretendía pechar ese triste capítulo, e tamén Elegias a Julia Gay (1993) un libro conmemorativo onde recolle todos os poemas dedicados a súa nai. A falta da súa nai está moi reflectida na súa poética pero, tamén se reflexa na súa vida persoal; púxolle o mesmo nome a súa filla, á que tamén dedicou un poemario, o cal estamos a traballar Palabras para Julia y otras canciones (1980). Por isto relacionamos  estes libros anteriores co que estamos a traballar, pola gran presenza da figura materna nas súas obras. Pero tamén queremos destacar  a importancia do tema educativo, criticando a educación individualista e competitiva, que se reflicte en poemas como La mejo rescuela, Ya me lo decía mi abuelito e Autobiografía.

Para Goytisolo, a Guerra Civil e a época franquista en España foron os condicionantes que adentraron a este autor no mundo da poesía.

A continuación mostramos a obra coa que estamos a traballar para que poidades comprender a análise desta:

EL LOBITO BUENO
(José Agustín Goytisolo)


Érase una vez
un lobito bueno
al que maltrataban 
todos los corderos.

Y había también
un príncipe malo,
una bruja hermosa
y un pirata honrado.

Todas estas cosas
había una vez.
Cuando yo soñaba
un mundo al revés.

          Con referencia a este poema, vemos unha clara descripción antonómica; é dicir, todo ó que estamos acostumados se describe como o contrario. Para Goytisolo, neste poema onde todo estaba nun mundo ó revés, o obxectivo que pretende buscar nun lector infantil, é desenvolver neles habilidades e competencias críticas, que sepan dar a súa opinión; formar cidadáns críticos a través da lectura en busca dun mundo mellor.


Portada "Palabras para Julia":

Título: Cartas a Julia y otras canciones

ISBN: 84-7222-983-1

Editorial: Laia Barcelona

Ano de edición: 1º Edición 1980 ; 3º Edición 1982






Este é un poema que non foi creado concretamente para o público infantil, pero que co tempo se converteu nun imprescindible nesta etapa.

Como podemos apreciar a letra deste poema non deixa indiferente a ninguén, é unha letra rompedora onde se cambian todos os papeis que adoitan ter os personaxes dos contos: os malvados convértense en bos e viceversa. Unha realidade que aínda hoxe en día se pode observar na nosa sociedade e os nenos/as deben ter presente.

O poema de Lobito bueno foi creado como unha sátira  social. Debido a época na que foi escrito, tempos de Franco, podemos entender o que o autor pretendía recriminar, pero non podía facer de forma libre.

Con este poema está aludindo dun xeito secundario a rebeldía ante o establecido, pois dende pequenos/as nos ensinan que as bruxas son malas e os lobos feroces, pero con esta obra dáse un xiro ao establecido e créase un novo mundo, o mundo ao revés.

Ao igual que moitos poemas da literatura española, este poema de Goytisolo, entre outros, foi escollido polo cantautor Paco Ibáñez, para un dos seus temas. Este artista musicalizou o poema Lobito Bueno, obtendo como resultado a seguinte canción e dándoa a coñecer por toda España e a toda unha xeración. Aquí vos deixamos un enlace para que poidades escoitala: https://www.youtube.com/watch?v=-7iN7PH6ADo


Gloria Fuertes, poeta infantil, tamén escribiu un poema que titulou El lobito malo y el lobitobueno baseado no poema de Goytisolo.

El lobito malo y el lobito bueno
«Érase una vez
un lobito bueno
al que maltrataban
todos los corderos»
J. A. GOYTISOLO
*
Y érase también
un lobito malo,
al que obedecían
todos los vasallos.
*
El lobito malo
les metió en la guerra,
y no quedó pueblo
ni árbol en la tierra.
*
No se conocían
y se iban matando,
todo por la culpa
del lobito malo.
*
Y vino otra vez
un lobito bueno,
al que respetaban
los pocos corderos
-que quedaban-.
*
Quemaron las armas
y no hubo más guerra.
Lobos y corderos
jugando en la tierra.

Outro importante achegamento foi a creación, por parte da editorial Edebé, dunha colección de libros, baseada tamén neste poema, a cal consta de catro libros: El lobito bueno, El príncipe malo, La bruja bonita e El pirata honrado

FONTES CONSULTADAS:

Enlace onde podemos atopar diferentes biografías: http://www.biografiasyvidas.com/

Biblioteca de Humanidades catalá: http://www.bib.uab.cat/

Ferrán, J. M. (2005). Quevedo en la poesía de José Agustín Goytisolo. Universidad de Navarra. 

Díaz- Plaja, Ana. José Agustín Goytisolo: el mundo al revés. UniversitatAutònoma de Barcelona

Losada, P. (2011,3 Junio)José Agustín Goytisolo: la poesía de un Lobito bueno[Blog] Recuperado de: http://teresadientedeleon.blogspot.com.es/2011/06/jose-agustin-goytisolo-la-poesia-de-un.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario