miércoles, 18 de marzo de 2015

Estamos de volta con un novo post! Segue a ler...

Neste novo post intentaremos levar ao alumnado da aula de infantil ata o mesmo París, tomando como punto de partida o álbum co que estamos a traballar. Intentaremos introducir aos nenos e nenas na cultura parisina, a través de diferentes actividades creativas, innovadoras e motivadoras.

Decidimos realizar as actividades que expoñeremos a continuación co fin de conseguir que o noso alumnado acade uns obxectivos, que plantexamos máis adiante, a partir de actividades lúdicas, motivándoos a aprender dun xeito diferente e significativo para eles.

Isto é París ofrécenos un gran abano de posibilidades para traballar nas aulas de Educación Infantil, e non só o álbum co que traballamos, senón que toda a colección de Sasek se pode converter nun gran recurso a empregar nas nosas aulas. Coñecer lugares do mundo a través da propia lectura pode ser moi interesante se non deixamos que se quede simplemente neso, senón que o podemos converter no centro do noso traballo.

Con todo isto, as actividades que creamos, perseguen o obxectivo central de achegar aos nenos e nenas a cultura doutros lugares do mundo e o coñecemento deses lugares a través do álbum de Sasek. Ademais as actividades buscan acadar os seguintes obxectivos:

  •          Traballar a competencia lingüística
  •          Fomentar o hábito da lectura
  •          Coñecer o mundo que nos rodea partindo dun álbum ilustrado
  •          Coñecer a lingua francesa e algunha palabra básica (por exemplo, Bonjour)
  •          Traballar a creatividade e a imaxinación
  •         Manipulación de diversos materiais
  •          Introducir as TIC no ámbito educativo
  •          Coñecer a obra da Mona Lisa ou incluso do seu autor, Leonardo Da Vinci
  •          Relacionar aspectos do libro coa actualidade empregando diversas fontes

1. ¿Onde está París?

A primeira actividade que faremos será ubicar no mapa París, España e o lugar onde vivimos para que os nenos/as comprendan de onde estamos a falar.


Ensinarémoslles un mapa de Europa, e entre todos situaremos os lugares. Logo poñeremos un mapa máis concreto das zonas sinaladas para velas mellor é que aos nenos/as lles sexa máis sinxelo ubicarse.

Recuperado de: http://www.mapscd.com/wp-



     2.  Conto Isto é París
Logo comezaríamos coa lectura do conto Isto é París, ó que lle iremos contando aos nenos/as cada día un anaquiño para non cansalos, xa que, este é longo e temos que ir investigando cada punto de interese que mostren por algún monumento, calle, persoas, etc.
Para a lectura, ensinaremos as imaxes e investigaremos como xa nomeamos os diferentes puntos de interese dos nenos/as a través de outros libros que estarán no recuncho de investigación, ou tamén por internet ou persoas, como poden ser familiares que estiveran neses lugares.

Isto irase facendo o longo do proxecto, sen presa e dedicándolle o tempo que necesitemos a cada páxina. 

3.  Palabras en Francés
Outra das actividades que realizaremos neste proxecto, será aprender algunhas palabras en Francés para coñecer algo do idioma do lugar do que estamos a falar. Estas iremos ensinándoas pouco a pouco durante as rutinas diarias, mediante tarxetas co nome para traballar tamén a lecto-escritura. 


Imaxes propias

     4.  Crepes parisinas
Unha comida moi típica de París son as crepes, podémolas atopar en moitos postos polas rúas. Para que os nenos/as proben este prato típico de París, realizarémolas na aula coa axuda de todos eles/as.  Desta maneira no proxecto traballaremos a lóxica-matemática coas cantidades.

Estes son os ingredientes:
  •          2 cuncas de fariña
  •          1 cunca de auga
  •          2 ovos
  •          Un pouco de sal
  •          1 cullerada de manteiga
  •          1 cullerada de azucre 

Proceso:




     5.  Construír a nosa Torre Eiffel
Como a Torre Eiffel  é un dos monumentos típicos de Francia, intentaremos construír unha torre de diversas formas, ata realizar unha maioritariamente semellante.

A primeira delas será con pezas do recuncho de construción, nas que tamén traballaremos os conceptos grande-pequeno.

Imaxe propia
A segunda torre que realizaremos será con papeis, que previamente manipularemos para modificar a súa forma e iremos colocando de maneira que non veña abaixo:

Imaxe propia
Por último, a torre que máis se asemella ao monumento é a seguinte, realizada con papeis de periódico, cola e auga. Modelamos as partes básicas da torre para que teña un gran parecido:
Imaxe propia

      6.  Buscar lugares ou monumentosdo libro:      
Para integrar as TIC nalgunha das nosas actividades, unha delas, consistirá en buscar por pequenos grupos os lugares que vaian aparecendo no libro, por exemplo: 
  •         Torre Eiffel
  •         Mercado les Halles
  •         Arc de Triomphe
  •         Basílica do SacréCoeur
  •         Praza Vendôme
  •         Museo Louvre

Tras buscalos, realizaremos un mural no que aparezan situados nun mapa de París:

Imaxes propias
     7.   Investigar sobre a Mona Lisa:
Os pais serán os que lle axuden aos nenos/as a realizar esta actividade, xa que deberán buscar imaxes e información cos seus fillos/as sobre a Mona Lisa. O fin será obter uns coñecementos básicos desta obra de arte.
Debuxo dos pensamentos da Mona Lisa: http://conartecreo.blogspot.com.es

Nenos/as achegando información: http://laclasedelashadasylosduendes.blogspot.com.es/

     8. Recuncho de información:
Realizaremos cos nenos/as un recuncho na aula onde aparezan as actividades anteriores e máis cousas ou información que vaian achegando eles/as dos fogares así como a propia mestra introduza neste espazo.

Baixo o noso punto vista este proxecto será moi produtivo para os nenos/as, xa que nel se traballan moitos aprendizaxes, dende a lóxica- matemática ata o achegamento as novas tecnoloxías entre outros. Deste xeito realizase un aprendizaxe globalizador a partir dos intereses dos propios nenos/as.

Debido ao detalle e amplitude do libro, o proxecto pode ser longo e de moita riqueza, xa que todos os días se pode traballar algún aspecto que interese aos nenos/as ou que a mestra queira traballar. A lonxitude do proxecto non será un aspecto negativo, xa que, se traballaran os aspectos do currículo adaptados ao tema do libro, unha forma lúdica de aprender.

Por outra banda parécenos unha idea moi interesante, que os nenos/as  puideran traballar unha cidade durante cada curso da educación infantil e incluso estender isto aos primeiros cursos de primaria. É de gran importancia que no gran cambio que supón o paso de infantil a primaria os nenos/as atopen traballos familiares que os fagan sentir cómodos e os vinculen coa etapa pasada, para isto sería primordial a comunicación das mestras das diferentes etapas.

En definitiva pensamos que traballar os libros de Sasek é algo moi positivo, xa que moitas veces a xeografía e a cultura de outros países non adoitan ser temas que se traten na escola, ou si se tratan de forma moi xeral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario