Imaxe tomada de http://ir.gl/9f9ebf |
Biografía da autora: galega nada en Vilagarcía de Arousa no ano 1958, Gloria Sánchez, ademais de escritora é mestra; dúas profesións que se retroalimentan. Esta muller abarcou diferentes campos dentro da escritura, entre eles: a poesía, o teatro e a narrativa, consecutivamente. A súa profesión de mestra permitiulle un bo comezo na escritura ao facilitar que se achegase e contactase directamente cos intereses e gustos que imperan na infancia en cada momento e por tanto, especializarse cada vez máis na literatura infanto-xuvenil.
A isto hai que engadir outro acontecemento que marcou a súa traxectoria literaria, pois outorgóuselle no ano 1990 o Premio Merlín por Fanfarrios. Ademais, tivo outros recoñecementos á súa labor, como son:
“Doutor Rus”, merecedor do Premio Edebé en 1994
“Chinto e Tom”, conseguiu o Premio Lazarillo no ano 2000
“O grande tronante”, escrito en colaboración con Xan López, co premio White Ravens, 2000
“A princesiña Socorro”, “O trobeiro Carolo” e “O demo dos cornos” escritas en colaboración con Miguel Vázquez e que lle supuxeron o Premio Obra de teatro de marionetas do 1º Concurso de Obras teatrais inéditas Camiño de Santiago
As publicacións desta galega atópanse traducidas
a diferentes linguas debido ó seu interesante contido literario, entre elas:
galego, castelán, euskera, ... e mesmo a linguaxe Braille.
Gloria Sánchez forma parte do Consello de
Redacción da Revista Galega de Literatura Infantil e Xuvenil, FADAMORGANA. Isto
xorde a raíz da súa implicación persoal e profesional coa cultura galega, que
como escritora lévaa a recompilar e divulgar a tradición oral de Galicia.
Algúns dos artigos máis destacados desta revista:
·
Aqueles contos non eran ningún conto (Fadamorgana nº 1, abril
1999)
·
A poesía infantil galega na década dos noventa (Fadamorgana nº 8,
primavera 2002)
Algúns mesmo
falan dela:
·
Silvia Gaspar faille unha entrevista baixo os
títulos: "Deforma-la
linguaxe para formar ideas" e "Obra de Gloria Sánchez".
(Fadamorgana nº 6, 2001, p.23/28)
·
O director da revista refírese a Gloria Sánchez como:
"Un lazarillo que non sabe de camiños marcados". (Fadamorgana nº 6,
2001, p.18/22)
O seu empeño por proporcionar acceso á cultura
para toda a sociedade fai que asine o manifesto dos autores en defensa do
préstamo nas bibliotecas, que nace das "Xornadas contra o préstamo de pago
en bibliotecas" en xuño de 1994.
A imaxinación que caracteriza as obras desta
escritora os nenos e nenas viaxan por mundos fantásticos descoñecido que
alimentan a fantasía que caracteriza que esta etapa. De feito, nalgunhas escolas,
utilizan a variedade de libros de Gloria Sánchez nos diferentes cursos, vexamos
uns exemplos:
1º Curso: “Rimas con letra”. Gloria Sánchez. Ed. Xerais |
2º Curso: “O grande tronante”. Gloria Sánchez . Ed. Xerais |
3º Curso: “Fafarraios”. Gloria Sánchez. Ed. Xerais |
4º Curso: “O capitán ro e o gato bo”. Gloria Sánchez. Ed. Xerais |
5º Curso: “Cabeciña e paxaros e outras historias”. Gloria Sánchez. Ed. Xerais |
6º curso “Teatro feroz”. Gloria Sánchez. Ed. Galaxia |
6º curso “Matapitos.com”. Gloria Sánchez. Ed. Xerais |
Bibliografía da autora:
A continuación exporemos os títulos dalgunhas obras de
Gloria Sánchez vencelladas coa liña poética que estamos a traballar:
Dez piratas (2007) |
Sí, poesía (2005) |
Adivinanzas de animales (2005) |
Xa me tardan estes magos (2011) |
A raíña de Turnedó (2014) |
Adiviñanzas monstruosas (2012) |
Doutor Rus (2012) |
Peluso (2003) |
Rimas con letras (2000) |
Frangulla (2002) |
Contexto social da escrita:
De entre
todos os poemas, decidimos escoller este titulado “El mosquito” porque cremos
que son insectos moi presentes nas vidas dos nenos e nenas, e de todas as
persoas en xeral, pero sobre todo dos pequenos e pequenas porque son aos que máis
lles afecta e molesta. Ademais parécenos que tanto se atopa nas vivendas
situadas nas aldeas, vilas e nas cidades. A época do ano na que veñen
visitarnos é verán. En xeral, polas noitiñas cando os membros das familias se
atopan na cama, e o seu zunido é característico. Este á vez alértanos da
presenza deste molesto insecto que ben espertarnos coas súas malas mañas, así
de corrido acendemos a luz para atrapalo pero poucas veces isto é posible.
Obra: "El Mosquito"
Imaxe tomada de http://ir.gl/c5b3 |
Datos fundamentais da obra:
Este poema está recollido dentro dun libro chamado “Si, poesía” de Gloria Sánchez, ilustrado por Patricia Castelao. Este libro conta con 13 poemas en total onde se vai xogando coa linguaxe. A ilustración da esquerda mostra a portada do libro no que está inmerso o poema da dereita (mosquito chupa sangue).
Imaxe tomada de http://ir.gl/7ba5c3 |
Análise do contido da obra:
O tema
principal desta obra é a caracterización do mosquito, como un insecto moi
pendente de nos, sobre todo polas noites. Outros temas que podemos apreciar
neste texto é os sentimentos que esta lectura nos vai producindo a medida que
imos lendo, ademais de nomear o insecto mediante palabras inventadas como é o
caso de ¡mosquieto!, sendo esta unha palabra gramaticalmente incorrecta.
Por outro lado, a obra posúe información sobre un insecto
moi coñecido polos nenos e nenas en idades, sobre todo, moi temperás, o
mosquito. Polo tanto, perdurará no tempo xa que non é unha temática de
constantes modas. Ademais, os animais sempre son un imán para os pequenos e
pequenas, porque consideramos que poden aprender a expresar os seus
sentimentos, sensacións e pensamentos. Levando así a desenvolver a súa linguaxe
oral.
Repercusión e influencia doutras artes:
Para relacionar esta obra con outras decidimos centrarnos naquelas que tratasen
sobre este mesmo insecto, ou nalgunha poesía sobre algún outro insecto. Entre
elas destacamos:
A continuación podemos ver unha serie de poemas que
tratarán sobre este insecto, e que foron tomados de Poesías al mosquito
COSAS DE MOSQUITOS
Corrían los tiempos de Maricastañas
cuando campaban por tierras de castilla
los sanos mosquitos de trompetilla
de los que tiene tradición España.
En medio de la calma de una campaña
al olor del hígado y la criadilla
que puso el matamoros en la parrilla
un tropel de moquitos el cielo empaña.
El matamoros viendo tan cruel ataque
resbaló con la cincha de su caballo
tio tres botes obtusos, parecía un zaque
y acabó de narices encima un mallo.
¡Maldito sea el mosquito de trompetilla
ese que campa libre por las castillas!
Corrían los tiempos de Maricastañas
cuando campaban por tierras de castilla
los sanos mosquitos de trompetilla
de los que tiene tradición España.
En medio de la calma de una campaña
al olor del hígado y la criadilla
que puso el matamoros en la parrilla
un tropel de moquitos el cielo empaña.
El matamoros viendo tan cruel ataque
resbaló con la cincha de su caballo
tio tres botes obtusos, parecía un zaque
y acabó de narices encima un mallo.
¡Maldito sea el mosquito de trompetilla
ese que campa libre por las castillas!
Charo
Mosquito, mosquitejo
no te comas mi pellejo.
Vete a cenar a otro lado,
que mi cutis está clausurado.
O, ¿serás mosquita traidora
la que pica a deshora?
En todo caso, me las piro
no sea que tu zumbido,
tu vuelo y tu pinchazo
me dejen mal herido.
Magdalena
no te comas mi pellejo.
Vete a cenar a otro lado,
que mi cutis está clausurado.
O, ¿serás mosquita traidora
la que pica a deshora?
En todo caso, me las piro
no sea que tu zumbido,
tu vuelo y tu pinchazo
me dejen mal herido.
Magdalena
ODA AL MOSQUITO
Mosquito trompetero,
mosquito puñetero.
Todos los veranos,
por la ventana abierta,
se me cuelan los marranos
Cada noche, en mi cama,
me embadurno de pomada
para aliviar los picores.
Mosquito trompetero,
mosquito puñetero.
Todos los veranos,
por la ventana abierta,
se me cuelan los marranos
Cada noche, en mi cama,
me embadurno de pomada
para aliviar los picores.
Y luego, por la mañana,
(y es mosquito, no araña)
me pilla cuando estoy dormida y...
¿será para darle emoción a mi vida?
Mosquito trompetero,
mosquito puñetero.
Freedom21
(y es mosquito, no araña)
me pilla cuando estoy dormida y...
¿será para darle emoción a mi vida?
Mosquito trompetero,
mosquito puñetero.
Freedom21
Síntese final:
Realmente interesante este tipo de poesía para levar á
aula xa que ten un vocabulario extenso e diferente, polo que, é unha fonte a
partir da cal os nenos e nenas aprenden cualificativos. Pero sobre todo é unha
poesía divertida que fará que os máis pequenos e pequenas se acheguen a este
campo da literatura, ás veces algo esquecido. Como ben puidemos escoitar na
televisión polo Día Internacional da Poesía (21 de marzo) a infancia séntese
atraída por este tipo de composicións nas que as rimas teñen un papel
fundamental para caracterizar a lectura e facela máis saborosa ó padal. Ademais
manifestaron a falta deste recurso literario nas aulas, onde acostuma reinar a
narrativa, pero quizais sexa porque a poesía non está ben adaptada, xa que non
todos os poemas serven para todos os públicos. Así, nun inicio á lectura sería
moi interesante incluír versos agradables que incitan ós nenos e nenas a ler
máis poesía nas súas vidas. Dicir que, a partir da poesía pódense facer
múltiples actividades e así o demostraremos na nosa proposta didáctica.
Referencias
bibliográficas e webgráficas:
Elaborado por:
Luís Herrero Losada
Fátima Iglesias Núñez
No hay comentarios:
Publicar un comentario