miércoles, 11 de marzo de 2015

Adentrándonos no mundo de Sasek!

Miroslav Sasek: http://www.sasekfoundation.eu/miroslav-sasek


“É moi importante para os nenos: se pinto 53 ventás nun edificio en lugar de 54, unha morea de cartas caen sobre min” Miroslav Sasek




 




Con esta frase do autor Miroslav Sasek, recollida na web www.artrepublic.com comezamos o noso percorrido para coñecer en profundidade o seu traballo.

Miroslav Sasek naceu en Praga (Checoslovaquia) en 1916 e morreu en 1980 en Alemaña. Nun principio estudou arquitectura pero tivo maior peso na súa vida profesional o interese pola pintura e o debuxo. Tras o golpe de estado checoslovaco producido en 1948 mudouse a París onde estudou na escola de Belas Artes.

É importante destacar que a súa colección de libros, comeza cuns pequenos esbozos da cidade de París, onde o autor se percata, mentres disfrutaba dunhas vacacións, de que os pais non lle amosaban os aspectos arquitectónicos, culturais, o entorno... máis importantes de París ós seus fillos. Desta forma, onde se deu conta que maioritariamente os pais non parecían estar interesados en interpretar e comentar cos seus fillos/as a cidade; de aí, que estes debuxos servisen como ilustracións para un conto dirixido aos máis pequenos/as.


 This is París (1959), primeiro conto dunha colección nas que traslada aos nenos/as ós grandes países e polos que recibiu varios premios, como o premio ao Mellor Libro Ilustrado Infantil, do New York Times, outorgado ao autor por This is London en 1959 ou This is New York en 1960 (tamén recibiu o premio “Club América of America junior books” en 1961). Nun principio, a colección do autor, só tería tres libros sobre as cidades de París, Londres e Roma pero logo estendéronse a un total de dezaoito.

Collage da colección do autor atopada en: https://dandyville.wordpress.com/
Sasek desenvolveu o seu traballo ao longo dos anos 60 e 70 momento no que tiveron moito éxito, sobre todo nos países anglosaxóns. Debemos ter en conta que naquela época o turismo só estaba ao alcance duns poucos privilexiados e estes libros permitían aos nenos/as coñecer diferentes lugares do mundo, que doutra maneira xamais coñecerían.

Aínda que a colección de Sasek é moi ampla, polo tanto centrámonos nesta obra:

Portada da obra a traballar:
https://criacria.files.wordpress.com
Título: Isto é París (A primeira edición foi This is París en 1959)
Traductor: Isabel Soto
Autor e ilustrador: Miroslav Sasek
ISBN: 978-84-938225-7-6
Editorial: El patito editorial
Ano de edición: 2010

Toda a colección This is... pódese entender como guías de viaxe nas que o lector pode coñecer polo miúdo os lugares máis destacados de cada cidade. No noso caso, Isto é París, trasládanos as rúas desta fermosa cidade onde nos mostra desde elementos arquitectónicos ata a vida da poboación.
            Baixo o noso punto de vista nesta obra as ilustracións son o maior foco de atención para o lector. Dáse gran importancia as imaxes, abarcando estas gran parte das follas. O texto pasa a un segundo lugar, adoita atoparse na parte superior ou inferior das imaxes e é unha explicación do que o lector pode observar.

A gran repercusión deste autor podemos vela en moitas partes do mundo, en librerías, museos, tendas de souvenirs ou en calquera das obras de Sasek.
Ademais de todo isto, o autor tamén tivo a oportunidade de que os seus traballos (obrar orixinais) fosen expostos a disposición de todo o público. A Architekturgalerie de Munich foi a primeira en Alemaña en expoñer os traballos de M.Sasek. Esta exposición estivo exposta dende o 12/07/2014 ao 10/01/2015. 




Algunhas imaxes da exposición: http://lalibretaroja.com/tag/miroslav-sasek/
Por último, pensamos que esta obra é moi interesante para traballar cos nenos/as da etapa de educación infantil e incluso se podería estender a idades posteriores. Podemos traballar a xeografía, a cultura dun país, os costumes e tamén o espazo temporal, xa que a obra data do 1959 e dende entón producíronse moitos cambios, aos que se fai referencia ao final da obra. Isto parécenos un aspecto moi positivo xa que cremos que o interese dos nenos/as aumentará e quererán investigar máis sobre esa cidade hoxe en día.

Nesta obra Sasek achéganos un mundo cheo de detalles, tanto a nivel de ilustracións como nos textos. Consideramos que é un punto que os nenos/as aprecian moito e que intentamos reflectir na nosa páxina de twitter: @viaxandoconSASK


Fontes consultadas:

Sasek, Miroslav. Isto e París (2010). El patito Editorial
Web creada por seguidores do autor: http://www.miroslavsasek.com/ 
Fundación adicada a Miroslav Sasek: http://www.sasekfoundation.eu/miroslav-sasek
Galería alemá onde podemos atopar unha exposición do autor:

No hay comentarios:

Publicar un comentario